Sunday 12 de May de 2024

Segunda e última sesión do curso de iniciación á defensa persoal para mulleres


Terá lugar este sábado no pavillón Campomaior en horario de mañá

Este próximo sábado, 19 de maio, terá lugar a segunda e última sesión do curso de iniciación á defensa persoal para mulleres. Desenvolverase no pavillón Campomaior de 10 a 12 horas e, como na anterior, será impartida por José Veiga, mestre nacional de aikido Dan Cshihan-Dad de Aikido Dentó Ryu.

O número de prazas é limitado e o prezo será de 12 € por sesión. Os socios e socias da asociación Enfeitizados, organizadores do curso en colaboración co Concello de Ordes, terán un desconto de 2 €.

As inscricións débense facer por teléfono chamando ao 630723431.